Só os cadetes acadaron a vitoria esta fin de semana nos encontros dos equipos base do CD Foz. Os INFANTÍS que se desprazaron a Coruña o sábado, para enfrontarse ó Orillamar, saíu derrotado por 3-1. A pesar de adiantarse no encontro, os pupilos de Burunda co gol de Antón, os focegos foron inferiores e o resultado pode considerarse xusto.
Os XUVENÍS que xogaron tamén o sábado no Municipal de Malates ante o Burela caeron derrotados por 0-1. Partido de rivalidade, onde o mellor xogo dos focegos non se veu reflectido no marcador final. Os de Amarelo xogan ben pero fáltalles gol.
E o domingo os CADETES devolveron visita ós burelenses no municipal da Marosa, onde gañaron por 1-3, a pesar de comezar o encontro perdendo por un penalti moi discutido. Iván, Gonzalo e Germán foron os goleadores do equipo de Oke, que seguen de líderes indiscutibles da categoría.