CADERNOS DA VIAXE. UNHA POLÍTICA EXTERIOR GALEGA.
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) ven de denunciar, no seu Informe anual, a falla dunha política exterior galega. Quizais medoñenda diante do intervencionismo do Goberno central, a Xunta semella non ter unha estratexia exterior de seu.
Os servizos diplomático e consular españois son malos e caros. Ben o saben os nosos paisanos e as nosas pemes. Para alén disto, a diplomacia española é carísima. Velaí os 6,5 M€ malbaratados nunha residencia!! para o embaixador español en Marrocos. Cando o que compre é unha única diplomacia europea que integrase os distintos servizos exteriores. Moito falan en Madrid das oficinas exteriores de Galicia ou Catalunya en países fulcrais da Europa, Asia ou América Latina, mais ben que calan co dispendio das embaixadas españolas abertas nos destinos máis afastados do mundo.
Todas as Institucións (cidades, Universidades, mesmo equipas futbolísticas) precisan dunha acción exterior. Xa que logo, Galicia precisa dunha política exterior de seu. De ser posíbel coordinada coa española e europea. Mais Galicia non pode agardar polos demáis para ser-e venderse- no mundo.
Grandes retos actuais desta política exterior serían a presenza activa no xigante brasileiro e a participación política económica e cultural na lusofonía. Ou a promoción turística directa do País (sempre esquecido nas campañas estatais) e o acompañamento ás nosas pemes na súa internacionalización.
O que no mundo non se ve, non existe para o mundo.
A ARRINCADEIRA: CORRUPCIÓN EN VIMIANZO?
O avó de quen isto escrebe foi alcalde de Vimianzo. Velaí o meu desacougo diante da moción de censura que PP, PSOE e Independentes do exalcalde Rodríguez Lema presentaron contra o goberno nacionalista de Manoel Antelo. Unha moción artellada dende a nostalxia por prácticas tan pouco democráticas como que case todas as obras durante trinta anos fosen para dúas empresas ou que persoas relevantes non pagaran IBI nin o gasto real de auga co consentimento dos antigos xestores do Concello.
Hoxe mesmo PP e PSdeG seica van expulsar aos concelleiros asinantes. Sería un bo aceno e certificaría que o novo Goberno local nace morto.
Xoán Antón Pérez-Lema



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



