O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou hoxe ao PP de poñer en risco aos mariñeiros galegos ao negarse a derrogar o decreto 130/2012 que establece os prezos polos rescates da Consellería do Mar. Val presentou unha Proposición non de Lei na Comisión de Pesca para derrogar este decreto, restaurar o seguro colectivo de accidentes no mar e o seguro de mal tempo.
Val criticou que a Xunta está a provocar a “perda de dereitos e a degradación das condicións de vida e de traballo” dos traballadores do mar tanto coa aprobación deste Decreto como pola supresión do seguro colectivo de accidentes no mar e o seguro de mal tempo. Acusounos de “aforrar naquilo que ten que ver coa seguridade e a cobertura laboral das persoas”.
O parlamentario socialista advertiu que este decreto establece por exemplo o cobro polo salvamento a percebeiros, xa que establece o cobro polo rescate “en zonas de difícil acceso, rompentes, acantilados ou semellantes”. Sinala que a realidade é que este decreto fai que “o sector o pense dúas veces antes de chamar aos equipos de salvamento”, cos conseguintes riscos que iso supón.
Criticou así a xestión dos medios de salvamento marítimo por parte da Consellería do Mar, que ven de privatizar o servizo de rescate aéreo amparando o incumprimento do contrato por parte da concesionaria “dándolle potestade para deixar de facer as gardas presenciais e facelas localizadas”.
Isto provoca o incremento dos tempos de resposta con consecuencias fatais, como sucedeu no falecemento dun mariñeiro na Mariña Luguesa no pasado mes de novembro e o dunha percebeira en Oia no mes de decembro.
Ademais, dixo, o goberno galego “abandona ao sector tamén en materia de prevención unha vez desaparecido o seguro de mal tempo”, co que “a única política preventiva son as declaracións de Feijóo chamando á prudencia das xentes do mar”.
Seguro colectivo
José Ramón Val solicitou hoxe tamén a recuperación do seguro colectivo de accidentes no mar, que beneficiaba a 30.000 traballadores e traballadoras, compatible co seguro de responsabilidade civil e que foi eliminado por Feijóo.
Sinalou que cun custe de un millón de euros, un 0,16 por cento do orzamento da Consellería que menos executa as súas contas, “cubría ás mariscadoras, aos mariñeiros de flota artesanal e de altura e aos mariñeiros que traballaban en buques con bandeira de terceiros países” e que foi suprimido “por axuste económico”.























Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



