A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou “o traballo e o compromiso coa calidade amosados ao longo de anos” dos tres establecementos lucenses que veñen de ser premiados na xornada de hoxe cos Platos de oro que concede a entidade Radio Turismo no marco do XIV Salón Galego de Gastronomía e Turismo (Xantar 2013).
Arias foi a encargada de entregar os premios Platos de oro aos responsables dos restaurantes La Paz (ubicado en Cantarrana, no municipio de Viveiro), Galicia (radicado en Baamonde, no concello de Begonte) e á casa rural El Rincón de Anita (en Foz), recoñecidos co galardón desta tradicional feira da turismo.
A representante do Executivo galego na provincia de Lugo subliñou que estes premios representan en conxunto “un recoñecemento á coñecida cultura restauradora lucense, que avanza na modernización para manter a súa puxanza, manténdose como un dos reclamos máis importantes para o turismo”.
Neste senso, Arias considerou que os tres establecementos premiados, que suman en conxunto máis de 130 anos de actividade, representan “unha proba” da competitividade e da vixencia coa que conta o sector da hostalería na provincia. “Os galardoados amosan coa súa traxectoria e cuns servizos de calidade recoñecida que a restauración e a hostalería poden ter un frutífero recorrido empresarial”, resumiu a delegada territorial.
Visita aos expositores lucenses
A delegada territorial aproveitou a presenza no Xantar 2013 para realizar tamén unha visita aos expositores de entidades e firmas lucenses presentes na feira, que na presente edición conta en total con 153 expositores distribuídos en arredor de 15.000 metros cadrados de superficie. Así, Arias puido visitar, entre outros, os stands dispostos pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Concello de Sober.
A delegada salientou a “importante proxección” que posúe este salón Xantar 2013, que facilita a “a difusión dos elementos do turismo galego entre os profesionais do sector, ao mesmo tempo que permite intercambiar e promocionar as nosas posibilidade turísticas e gastronómicas con outros países e rexións”.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



