Este sábado 22 sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela desprazámonos a Becerreá para realizar a ruta Quintá-Río Donsal, que ten un recorrido de 16 quilómetros que recorreron en algo máis de cinco horas. O tempo estivo desapacible pero non restou interese algún para a realización da mesma. Unha ruta encadrada dentro do espazo natura dos Ancares e que desde a asociación describen como moi bonita. Ademais dos excepcionais bosques autóctonos, puideron apreciar elementos etnográficos como molinos, minicentrais eléctricas, ouriceiras, cascadas… A coordinación desta ruta correu a cargo de Paqui e a próxima está prevista ao Val de Lourenzá.
