Belén Pérez, José Mario Zamundio e Cruz Ron proclamáronse gañadores.
Ribadeo, 26 de marzo de 2013. Preto de 60 fotos presentáronse ao concurso fotográfico convocado por ACISA para celebrar o día do pai. Un xurado, composto por profesionais de Foto Miguel e El Farero ademais de tres membros da directiva de ACISA, elixiu nas últimas horas aos gañadores desta cita. Primeiro foron os internautas, a través do perfil de ACISA en facebook, os que cos seus votos realizaron unha preselección das imaxes máis bonitas, máis impactantes e máis acordes coa campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
A foto ganadora é a denominada Para os que non están de Belén Pérez Teijo, que se levará 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos comerciais asociados. O segundo posto foi para a imaxe titulada Volando al atardecer de José Mario Zamundio Quintana, que será premiada con 200 euros en vales de compra doados pola Asociación de Veteranos Ribadeo FC. E o terceiro premio foi para a foto En tus brazos nunca tengo miedo de Cruz Ron Marcos, que se levará 100 euros en vales de compra.
O xurado fixo unha mención especial á foto De compras con papá de Juan Antonio Fernández González, “por haber captado la esencia de ACISA, del comercio de Ribadeo y de la campaña organizada para rendirles homenajes a los papás”.
A directiva de ACISA “agradece la participación de todas las personas que han querido con sus fotos tener un detalle especial para los padres y a los seguidores de facebook por seguirnos y por votar a las imágenes. Queremos dar las gracias también a los profesionales de la fotografía, socios de ACISA, que nos han ayudado a elegir las mejores fotos, tarea que no ha sido fácil, porque todas eran muy bonitas. Y agradecemos también la colaboración de la Asociación de Veteranos Ribadeo FC”.
Os premios aos gañadores desta cita entregaranse no transcurso dun acto que se celebrará nos vindeiros días.