18 de abril de 2013. Representantes da Comisión Promotora da ILP “PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA” vimos de reuirnos co grupo parlamentar do PP para lle demandar un posicionamento a favor da toma en consideración desta iniciativa. Pedro Puy, voceiro parlamentar do PP, comprometeuse cando menos a non demorar a inclusión na orde do día do Pleno, e a que a ILP da reciclaxe sexa debatida denantes do verán. Trátase dunha boa nova, que garante que a iniciativa dos máis de 21.000 galegos e galegas que apoiaron esta ILP non vai ficar esquecida nun caixón, mais non implica que o grupo maioritario a vaia apoiar.
No seu momento, os tres grupos da oposición amosaron a súa postura favorábel a aprobar esta ILP e incorporala ao ordenamento xurídico galego. Agora só depende do PP estar á altura do compromiso destes milleiros de persoas facilitando unha tramitación rápida e apoiando unha norma que só pretende dar forza xurídica á xerarquía dos “3R” consagrada nas leis, e actualmente subvertida por modelos como SOGAMA.
Dende a Plataforma Galega contra a Incineración, integrada polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) e numerosas plataformas veciñais, confiamos en que os responsábeis parlamentares do PP cumpran a súa palabra e faciliten o debate da ILP nun pleno denantes do verán.
Entendemos que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa, polo que aos representantes políticos non lles debera dar igual apoiar un ou outro modelo de tratamento dos RSUs. A este respeito as leis son claras: a Redución, a Reutilización, a Reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica son prioritarias e teñen un predominio xerárquico sobre a incineración e o vertido que practica SOGAMA. Ademais a reciclaxe e a compostaxe xeran máis postos de traballo que a incineración, que mesmo produce a perda de actividade no sector agrogandeiro, turismo, etc. alén de ser máis custosa para o peto dos cidadáns.
Por iso, este apoio inicial do PP non debera limitarse a facilitar o debate, senón que debería traer aparellado o compromiso de aprobar esta ILP para reorientar a actual política de xestión de residuos cara modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios. No actual contexto de crise, a moitos concellos non lles ten conta seguir vencellados a SOGAMA, cuxos prezos non deixan de aumentar e pesan como unha lousa sobra as maltreitas economías locais. As opcións baseadas na compostaxe, poden dimensionarse á medida de cada concello, mancomunidade ou comarca e traballan con tecnoloxías limpas, brandas e de baixo custo. Non é esta unha razón de peso para que o PP reflexione e deixe de fomentar o ruinoso sistema da incineración/vertido?


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



