Eu, desde a miña obriga de fiscalización do goberno como primeiro edil da oposición en Xove, critiquei recentemente un feito indubidable: o cobro de dietas do meu alcalde por acudir á manifestación de Alcoa en Santiago. Un problema este, o da tarifa eléctrica para a multinacional do aluminio, que foi utilizado electoralmente en plena campaña electoral ás autonómicas dun xeito obsceno para proveito político propio, sen sentido da medida nin sentido do ridículo.
Os ataques á miña persoa (e aínda os insultos que recibín no pasado) non son algo novo no meu alcalde. Mesmo acepto que se poidan entender como lexítimos, dado que para algunhas persoas son intrínsecos á exposición pública dun cargo institucional. Así e todo, o que nunca me pasara nestes catro anos de dedicación á política municipal (dous como responsable local do BNG xovense e dous como concelleiro) é que desde o equipo de goberno se utilizara a miña filla para facerme dano político. Unha reacción que denota dun xeito obxectivo moi pouca intelixencia. Non deixa de ser ruín coma a fame valerse dunha nena de tres anos como contragolpe na crítica pública. Só se pode entender como un comportamento canalla que desde o noso goberniño se alegue un presunto abuso da miña nena pola súa escolarización na gardaría municipal que, por certo, pago mes a mes relixiosamente e se xustifique este ataque infame no feito de que a Escola Infantil de Xove é deficitaria. Tamén é deficitario o equipo de goberno local e a min non se me ocorre botarlle a culpa aos fillos dos seus membros, entre outras cousas porque me merecen bastante máis respecto ca os seus propios pais. Este tipo de argumentación realizada pola alcaldía seméllase cada vez máis á das cortes, pero non ás Cortes de Madrid, senón ás que se escriben con minúscula e das que se quita o esterco. Non se poden mesturar allos con bugallos, meus amigos.
Non lles nego que, despois desta alcaldada, pensei en sacar a miña filla da Escola Infantil para non abusar máis dos recursos dun Concello con dous millóns de euros no banco; pero na miña casa impedíronmo, con bo criterio, porque “a cativa non ten culpa”. Aínda así quedei cun remorso, o de demostrarlle tanto ao goberniño que nos dirixe como aos que o apoian que eu teño dignidade, pero existen momentos na vida nos que hai que ceder o orgullo e deixarlle paso ao sentido común.
Non sei se me expliquei ben, pero por se non fun claro dabondo voullelo resumir con todas as letras: vale máis un sorriso da miña pícara que todos os gobernantes do Concello de Xove xuntos, incluido un alcalde que se erixiu en fiel reflexo da catadura moral da corporación municipal. Aínda que algún bon haberá. Algún ao que non lle pareza ben a utilización dunha nena de tres anos para facerlle dano ao opoñente político. Ou algunha.
Marco López (portavoz grupo municipal BNG Xove)


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



