O vindeiro sábado, día 20 de abril, celebrarase a cea-baile da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña no Restaurante O Castelo (San Cibrao) a partir das dez da noite. Os interesados en participar nesta xuntanza en boa compañía e co obxectivo de traballar xuntos para romper co estigma que acompaña ás persoas con enfermidades mentais poden recoller as entradas nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo en horario de dez a dúas, e no propio restaurante, por un prezo de 30 euros. O menú a degustar estará composto por lagostinos ao vapor e vieira á mariñeira gratinada, lombo de pescada ás costas, entrecot á prancha con guarnicións e torta de galleta con chocolate.
Cea baile da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña
Cea baile da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba