O VII FOROS PERMANENTES PARA MULLERES INCLUÉN OBRADOIROS DE MEMORIA, DE RELAXIÓN, DE RISOTERAPIA E DE XESTIÓN DE EMOCIÓNS ADEMÁIS DE CHARLAS, DUNHA ANDAINA POLO BARQUEIRO E DUNHA VIAXE AO SPA DE VILALBA. ALGUNHAS DESTAS ACTIVIDADES DAN COMEZO A VINDEIRA SEMANA.
Ribadeo, 11 de abril de 2013. O vindeiro martes, 16 de abril, darán comezo os VII Foros Permanentes para Mulleres que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM coa colaboración da Deputación de Lugo. A cita inclúe obradoiros de memoria, de relaxación, de risoterapia e de xestión de emocións ademais de charlas, dunha andaina polo Barqueiro e dunha viaxe gratificante e relaxante ao spa de Vilalba.
No acto de presentación que tivo lugar esta tarde no salón de plenos do Concello a edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “estes Foros sempre se dividen en dúas etapas, esta que abrangue os meses de abril, maio e xuño e logo teremos unha nova volta en setembro, outubro e novembro. Haberá nestes tres primeiros meses actividades na vila e nas parroquias e as que non se toquen desta volta faranse despois”. A concelleira nacionalista explicou que “imos facer actividades que as propias mulleres demandan, que algunha vez xa se fixeron, foron do seu agrado e queren repetir e o que fixemos foi un programa o máis amplo e variado posible para que toda aquela persoa que o desexe acuda a aquelas que son máis do seu interese”.
Os obradoiros de memoria celebraranse nas Anzas e en Couxela. Na Escola das Anzas será os días 16, 23 e 30 de abril e o 7 de maio en horario de 16 a 17 horas e na Escola de Couxela terán lugar os días 25 de abril e 2, 9 e 16 de maio de 17 a 18 horas.
Os obradoiros de relaxación serán en Ove e en Piñeiro. No caso da Escola de Ove serán os días 17 e 24 de abril e 8 e 15 de maio de 18 a 19:30 horas. E na Escola de Piñeiro o 27 de maio de 17 a 18:30 horas.
Os obradoiros de risoterapia desenvolveranse en Remourelle, Vilaselán e Vilaosende. Na Escola de Remourelle serán os días 23 e 30 de abril e o 7 de maio de 16 a 18 horas. Na Escola de Vilaselán terán lugar tamén os días 23 e 30 de abril e 7 de maio de 19 a 21 horas. E na Escola de Vilaosende serán o 6, o 13 e o 20 de xuño de 17 a 19 horas.
En Ribadeo terá lugar o obradoiro de xestión das emocións os días 29 de abril, 6, 13 e 20 de maio na Casa do Mar en horario de 19 a 20:30 horas, “onde se abordarán cuestións coma a autoestima, os cambios de humor ou a prevención das depresións”, seguiu a relatar Mariluz Álvarez Lastra. A concelleira de Igualdade engadiu que “en Ribadeo tamén teremos unha charla sobre a menopausia para a que contamos coa colaboración do persoal do centro de saúde de Ribadeo. Serán dúas sesións, o 18 e o 20 de xuño, unha cargo da médica Raquel Medina e outra impartida pola psicóloga Juana Blanco”.
Álvarez Lastra subliñou que “todos estes obradoiros son totalmente abertos e gratuítos e calquera persoa pode asistir a eles. Poden facerse co programa para ver o que mais lles interesa ou chamando por teléfono ao Centro de Información á muller ao 982 120 739 ou dirixirse tamén ás vocais das parroquias que forman parte do Consello Municipal da Muller para que lles facilitan toda a información que precisen. Elas son a correa de transmisión destas actividades”.
Este trimestre de propostas enmarcadas nos VII Foros Permanentes para Mulleres rematarán en xuño con dúas actividades de lecer, “continuaremos cos Domingos a pé, esas rutas que facemos utilizando un medio de transporte como é o tren, que non é moi usual empregar, e despois facemos unhas andainas polos lugares aos que nos desprazamos. Facémolas da man de Teresa Díaz, presidenta da Agrupación Francisco Lanza. É ela a persoa que nos organiza a camiñata e neste caso será o 9 de xuño, xornada na que realizaremos unha andaina de Loiba ao Barqueiro. Trátase dun percorrido duns 6 quilómetros de fácil realización”.
Xa o 16 de xuño haberá unha viaxe ao spa de Vilalba. Trátase da única actividade que terá un custe para as asistentes de 15 euros, “a parte dunha sesión de baño no clube termal que imos ter alí inclúe unha clase de ximnasia ou técnicas de relaxación na auga e unhas actividades de terapia en cabina. Temos prazas limitadas. Son 50 as que ofertamos e realizarase por orde de inscrición. Haberá unha lista de reserva por si alguén queda fora”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



