O plan de formación que Acisa Ribadeo ofrece aos seus socios deu comezo cun curso de manipulador de alimentos en hostalería, que se impartiu nas novas instalacións da asociación. A empresa Álvarez Real, asociada de Acisa, é a que se encarga de impartir ditos cursos, tras o convenio firmado hai meses coa Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. O seguinte cursos en impartirse será o de manipulador de alimentos en comercio e tamén en hostalería, que terá lugar o 29 de abril en horario de 16.30 a 19.30 horas. Para acudir será posible realizar a inscrición o día 19. As inscricións realizaranse nas oficinas de Acisa, en info@acisaribadeo.es ou no 982.120.565.
