A Xunta anunciou hai unhas semanas un incremento do 40% no prezo dos comedores escolares, que para o vindeiro curso pode acadar ata 4,50 euros por menú, establecéndose uns tramos moi baixos de renda e que por tanto afectará á maioría das familias. A Consellaría de Educación tamén modificou as regras que determinaban as exencións no pago, que facían que até agora fosen de balde para o 91,82% do alumnado e polas que agora terá que pagar o 43,26%, segundo cálculos do propio Goberno galego.
Iván Marrube, portavoz de Compromiso por Galicia na Mariña, cualifica de “atraco” a proposta do cobro dos comedores escolares do futuro decreto, xa que no actual curso escolar a Consellería de Educación estalles achegando aos centros escolares de educación primaria uns 2,08 euros por neno e día; e esbózase que a maioría das familias deberán pagar 4,5 euros por día e fillo, independentemente do número de fillos, significando un incremento de “máis do moble do que está a transferir actualmente”.
Este decreto afondará no empobrecemento actual das familias galegas e o incremento da desigualdade; xa que os cartos “non van ir a crear máis prazas de comedor nos centros de ensino público, tal e como afirmou o Conselleiro Jesús Vázquez”, senón que “irán a encher a caixa da Xunta para o apoio ao ensino privado”. Tamén contribuirá ao despoboamento do rural, xa que o servizo de comedor non era custe engadido.
Compromiso por Galicia non descarta levar ante os tribunais este decreto, por considerar que ningunha Administración pode cobrar por un servizo máis do seu custe.