Acusa ao PP e ao alcalde de ser incapaces de sacar o Concello de Foz adiante e so facer políticas de recortes.
Foz, a 8 de marzo de 2013.- O BNG de Foz votará en contra dos orzamentos municipais de 2013 presentados polo Grupo de Goberno por non supor ningún cambio nas políticas de gasto e de contratación no Concello e centrar todo nos recortes sociais e na privatización dos servizos públicos. Estes orzamentos non recollen ningunha das propostas que o BNG lle fixera ao Grupo de Goberno do PP que significarían un cambio real nas políticas municipais, un cambio que a sociedade focega está a demandar. Como di o voceiro local do BNG ”estes presupostos son unha ocasión máis perdida por parte do goberno municipal para facer políticas máis achegadas aos problemas da xente e dignificar o labor política. O alcalde prefire seguir obedecendo e mirándose o embigo”.
O PP non admitiu ningunha das propostas que o BNG lle fixo
Das vinte propostas para incluír nos orzamentos de 2013 que fixo o BNG tan só unha foi considerada polo goberno municipal. Así é moi difícil chegar a acordos. A principal eiva que o BNG lle poñía a estes orzamentos é que deberían ser fieis á realidade económica e social do noso Concello. Neste sentido, o BNG ten claro que existen unha serie de medidas a incluír nas bases de execución que non foron aceptadas. En primeiro lugar, reducir a vinculación xurídica das partidas para evitar o baile de partidas e garantir un maior control do gasto público. En segundo lugar, o cumprimento da lei no que respecta á certificación da existencia de crédito antes de realizar o gasto a través dun procedemento como unha proposta de gasto. E en terceiro lugar, artellar algún procedemento nas bases que garantan na adxudicación de contratos menores os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade. Outras das medidas irrenunciables para o BNG é a municipalización dos servizos privatizados anteriormente e que caducaron como o da axuda no fogar, mantemento de alumeado público, limpeza instalacións, xestión de multas, mantemento de ascensores, mantemento de semáforos, contratos de seguro, etc., que o PP vai a seguir contratando como lle peta.
En canto ás partidas de ingresos, a parte de elaborar as partidas en base o recadado e aplicar a vía executiva ata o final (cousa que neste concello nunca se fixo polo que non se recada todo o que se debera), o BNG defende establecer novos impostos como o IBI ás propiedades da Igrexa Católica que ata agora non pagaba. Como contraposición, o BNG propón incrementar as bonificacións e as exencións en taxas e impostos para as persoas e familias con menos recursos económicos, cousa que o PP nin tan sequera valorou.
O PP vai seguir gastando sen control pero o alcalde non se rebaixa o seu soldo
En canto á política de gastos, para o BNG é fundamental seguir o principio de non gastar máis do que se ingresa, sobre todo no que ten que ver co capítulo de gastos en bens correntes e servizos cunha débeda a 31-12-12 de 1.286.501 euros. No ano 2012 os dereitos recoñecidos totais foron de 5.879.499 € pero quedaron pendentes de pago 1.547.587 €. Tamén, e contravindo a lei, quedaron case 250.000 euros de facturas sen pagar fóra de contabilidade. E este ano vai polo mesmo camiño.
Por iso, o BNG defende a non contratación de empresas externas ao Concello para realizar traballos que deben e poden realizar o persoal do Concello. O PP pretende gastar 36.000 € nunha empresa xardinería. Tamén estamos a favor de cumprir o pactado cos traballadores/as do Concello respecto á suba salarial que estaba aprobada na RPT. Agora ben, se tanto lle preocupa ao alcalde o gasto en persoal, o BNG convídao a aplicar a proposta realizada polo PP en Madrid e rebaixarse o salario aos 40.000 euros anuais brutos pero ao alcalde pareceulle unha ofensa.
Ante as dúbidas da legalidade da escola obradoiro así como da súa efectividade real, o BNG propón dedicar dita partida a asuntos sociais (axudas ou subvencións a persoas e familias máis necesitadas). Non deixa de ser curioso que a Xunta, dunha maneira irresponsable, non queira facerse cargo das competencias en asuntos sociais co único fin de reducir as transferencias e subvencións que ata o momento facía aos concellos a través dos plans e programas sociais.
A situación económica do Concello so ten un culpable: a mala xestión do PP
Respecto ás argumentacións demagóxicas do alcalde culpando á oposición da situación económica do Concello, o BNG ten que reiterar que esa situación é responsabilidade única do Sr. Alcalde e do seu grupo de goberno por non xestionar ben as contas municipais. A débeda adquirida cos provedores de case 1.500.000 de euros foi debido única e exclusivamente á mala xestión económica tanto do anterior grupo de goberno socialista como do actual goberno popular. O BNG é moi consciente de que dita débeda habería que pagala dunha maneira ou doutra e que polo tanto non mudaría a situación económica do Concello. A falta de liquidez nestes dous anos nos que o Estado castiga ao Concello a pagar todo de vez, compensase co aforro que o Concello vai a realizar en canto aos intereses debidos aos bancos, que son os grandes beneficiarios dos plans de axuste a pesar de ser eles os que nos levaron a esta situación de crise. Co Plan de Axuste os intereses que tería que pagar o Concello a 10 anos serían aproximadamente de 300.000 euros mentres que nestes dous anos os intereses a pagar estarán arredor dos 80.000 euros, o que supón para o Concello un aforro de máis de 200.000 euros.
O BNG, coma fixo sempre, vai a seguir defendendo uns orzamentos baseados nas persoas, máis sociais que nunca, transparentes nas contratacións, empeñados na creación de emprego estable e de calidade, realistas nas contas, responsables coa súa execución, que graven máis aos poderosos e que defendan a autonomía municipal na toma de decisións.




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



