O Club de Remo Celeiro, participou este sábado 6 de abril, na Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis, regata clasificatoria para a Territorial Norte, celebrada no porto de Esteiro, nas augas da Ría de Muros e Noia e perfectamente organizada polo Club de Remo Esteirana.
Os de Celeiro, participaron nesta regata oficial da tempada de Bateis, logo de acudir, a A Cabana(Ferrol) en dúas ocasións, e a Narón, a regatas preparatorias nos pasados meses de febreiro e marzo.
A tarde foi idónea para a práctica do remo, cunha temperatura agradable e vento frouxo no campo de regatas de Esteiro, que acolleu a proba clasificatoria coa participación de 12 clubes chegados da provincia da Coruña, e o club celeirense único participante da provincia de Lugo.
Os celeirenses chegaron a Esteiro con dúas tripulacións, en categoría cadete e xuvenil.
Na categoría cadete, a tripulación de celeiro, formada por Alvaro como patrón, Marcos, Píñon, Cristian e Abraham, participou na primeira tanda das dúas, correspondentes a súa categoría, rematando a regata no segundo posto por detrais de Rianxo, que dominou a tanda A, e superando ás tripulacións de Noia e Nautico de Boiro. Na tanda B a igualdade foi a tónica dominante entre as tripulacións de Perillo, Cabo da Cruz, Pobra, Ares e A Cabana, rematando finalmente no primeiro posto da tanda Cabo da Cruz, que tamén dominou a clasificación xeral da categoría cadete, correspondendolle o 7º posto do xeral ao Club de Remo Celeiro.
Na categoría xuvenil, a tripulación de Celeiro, formada por Álvaro como patrón, Adriano, Vicente, José Luís e Brais, participaron na tanda A, ficando no terceiro posto, superados por Esteirana e Rianxo. Na tanda B, dominou a proba Cabo da Cruz, impoñéndose claramente a Perillo, Nautico de Boiro e Narón. A clasificación xeral por tempos deu por vencedor a Esteirana superando en tan só 25 centésimas a Cabo da Cruz. Os de Celeiro remataron a proba en séptimo lugar, a tan só un segundo de Narón.
As dúas tripulacións, ficaron polo tanto clasificadas, conforme a normativa da Federación Galega de Remo, para a Territorial Norte que se celebrará o vindeiro sábado nas augas da Pobra do Caramiñal, e que será clasificatoria para o Campionato Galego de Bateis.
TEMPOS POR TANDA E RESULTADO FINAL
| HOMES CADETES | ||||||
| BOIA | 1ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO | |
| 1 | CELEIRO | 2.24 | 5.05 | 7.34.69 | 7º | |
| 2 | NOIA | 2.26 | 5.13 | 7.42.43 | 8º | |
| 3 | NÁUTICO BOIRO | 2.26 | 5.16 | 7.42.85 | 9º | |
| 4 | NARÓN | Non saleu | ||||
| 5 | RIANXO | 2.08 | 4.26 | 6.40.62 | 6º | |
| BOIA | 2ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO | |
| 1 | CABO DA CRUZ | 2.00 | 4.14 | 6.21.58 | 1º | |
| 2 | POBRA | 2.02 | 4.22 | 6.29.74 | 3º | |
| 3 | ARES | 2.01 | 4.17 | 6.27.50 | 2º | |
| 4 | A CABANA | 2.04 | 4.23 | 6.37.01 | 5º | |
| 5 | PERILLO | 2.02 | 4.22 | 6.31.01 | 4º | |
| HOMES XUVENÍS | ||||||
| BOIA | 1ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | 3ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO |
| 1 | ESTEIRANA | 1.57 | 4.05 | 6.18 | 8.25.16 | 1º |
| 2 | RIANXO | 2.02 | 4.10 | 6.24 | 8.30.51 | 3º |
| 3 | CELEIRO | 2.06 | 4.21 | 6.48 | 9.05.37 | 7º |
| 4 | ||||||
| BOIA | 2ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | 3ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO |
| 1 | CABO DA CRUZ | 2.00 | 4.08 | 6.19 | 8.25.41 | 2º |
| 2 | PERILLO | 2.06 | 4.19 | 6.36 | 8.44.71 | 4º |
| 3 | NÁUTICO BOIRO | 2.08 | 4.21 | 6.39 | 8.46.44 | 5º |
| 4 | NARÓN | 2.09 | 4.27 | 6.51 | 9.04.12 | 6º |






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
