Burela, 21 de outubro, 2026. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela celebrou este mércores en Madrid un evento gastronómico centrado na “Merluza D& Burela”, presentada en elaboracións inspiradas en diferentes cociñas do mundo. Tras o éxito das edicións anteriores en Madrid, Barcelona e Valladolid, “Merluza D& Burela por el Mundo” regresou á capital da man do chef galego Miguel F. Vidal, habitual colaborador do proxecto.
O MOM Culinary Institute acolleu esta cuarta edición, dirixida a xornalistas gastronómicos e creadores de contido. O chef Miguel F. Vidal e o equipo do restaurante Bancal prepararon diversas receitas de pescada do pincho de Burela, combinando propostas tradicionais e vangardistas con elaboracións de inspiración asiática e mexicana.
O xerente da OPP do Porto de Burela, Sergio López, abriu a xornada destacando as campañas de promoción da marca “Merluza D& Burela”, a relevancia de Burela no sector pesqueiro e a ecoetiqueta “Pescaenverde”, que certifica o baixo impacto ambiental da súa flota de altura.
Máis de 30 profesionais do ámbito gastronómico degustaron pratos como “Merluza D& Burela en salsa verde”, “Milfollas de Merluza D& Burela con grelos”, “Merluza D& Burela frita con mole negro” e “Tiradito de Merluza D& Burela con ponzu de albariño”.
A acción forma parte do plan anual de produción e comercialización da OPP-7 Porto de Burela, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMPA, e busca ofrecer unha experiencia culinaria internacional con orixe na lonxa de Burela.



















As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



