Lugo, 21 de outubro, 2026. O lume calcinou unha carretilla elevadora e un coche que transportaba, e afectou tamén ao tellado da nave e a outros vehículos.
O 112 Galicia tivo constancia do incendio minutos antes das 11:00 horas deste mércores, cando varios particulares alertaron da presenza de fume nunha nave de despezamento de vehículos situada na rúa da Agricultura, en Tirimol, no concello de Lugo.
De xeito inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de Lugo, así como aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Ademais, como medida preventiva, tamén foi informado o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Arredor de media hora despois de recibir o aviso, os servizos de emerxencia desprazados ao lugar comunicaron que o incendio estaba controlado.
Unha vez rematada a intervención, os bombeiros indicaron que arderan unha carretilla elevadora e o vehículo que transportaba. Ademais, o lume afectou ao tellado da nave e, en menor medida, a outros coches que se atopaban no interior.
Afortunadamente, non houbo persoas afectadas.



















As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



