– Regina Polín presentou hoxe a mostra do artista Joan Queralt que se inaugura mañá ás 19:30 horas e que permanecerá na Sala de Exposicións do CENTRAD ata o 26 de maio
– A exposición está composta por 34 obras en óleo e técnica mixta coas que o pintor representa a súa persoal visión dalgunhas coñecidas pasaxes da obra de Cervantes
A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou este mércores a mostra O Quijote e os dereitos humanos, unha nova exposición que poderá ser admirada na Sala de Exposicións do Pavillón 4 do CENTRAD, onde vén de clausurarse a mostra Contando con imaxes, da ilustradora Noemí López, que motivou o interese dos lucenses, chegando a recibir ata medio milleiro de visitas.
Con motivo do Día Internacional do Libro, que se celebra o vindeiro día 23 de abril, o Centro de Artesanía e Deseño “participa na celebración desa data con esta exposición, que revisa dun xeito moi persoal este clásico universal”, tal e como destacou Polín, quen sinalou ademais que, “como vimos facendo dende hai un tempo, é un paso máis de cara a achegar o Centro de Artesanía e Deseño a lucenses e visitantes de todas as idades e de abrir estas portas a todo tipo de manifestacións artísticas”. No acto de presentación, no que tamén estivo presente o pintor Joan Queralt, a Deputada lembrou que un dos principais intereses deste artista é contribuír á educación dos máis novos en valores, promovendo o diálogo e o intercambio de ideas entre os máis novos. De feito, esta mostra ten un marcado carácter didáctico e dentro das actividades programadas haberá visitas para grupos de escolares nas que o propio artista exercerá de guía. Para participar, os responsables dos centros educativos só teñen que poñerse en contacto co CENTRAD. Ademais, estas visitas guiadas están abertas a persoas cegas ou xordomudas.
De feito, o día 23 os nenos serán os protagonistas, xa que están programadas unha serie de actividades dirixidas ós pequenos, coma lecturas ou entrega de diplomas e agasallos.
Pasaxes do Quijote
Joan Queralt Blanch, artista barcelonés, centrou a súa formación no deseño industrial, se ben dende moi novo amosou un profundo interese pola pintura. Esta actividade converteríase na súa profesión, logo de reafirmar a súa vocación artística tras a estadía en cidades coma París ou Lausana. Ó seu regreso a España, traballou coma deseñador na súa cidade de nacemento, chegando a acadar un gran nivel, avalado por recoñecementos en diversos certames.
Namorado da obra cervantina, adicou moito tempo a elaborar numerosos bocetos sobre diversas pasaxes do Quijote, nos que tentou reflectir a súa visión da loita entre o idealismo e o materialismo, presente na que é considerada polos expertos a primeira “novela” moderna. Tras catro anos de traballo, Queralt completou unha colección de lenzos que tratan episodios coma os de “Los molinos de viento”, “La aventura de Sierra Morena”, “La cueva de Montesinos”, a “Batalla de los cueros de vino” ou “Las cortes de la muerte”.
Unha destas obras recibiu o máximo galardón no Grand Prix de la Chambre de Commerce de Béziers (Francia) e outras delas foron adquiridas por museos coma o Museo Iconográfico del Quijote de Guanajuato (México) ou a Fundación Cervantina de México D.F. 34 destes lenzos poderán ser admirados a partires de mañá polos lucenses e visitantes que se acheguen ata o Centro de Artesanía e Deseño a partires deste xoves.
A mostra presentada hoxe abrirá as súas portas este xoves, ás 19:30 horas e permanecerá na Sala de Exposicións do Pavillón 4 do CENTRAD ata finais de maio. Poderá ser visitada de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



