Terá lugar o xoves 18 de abril ás 20.00h na Casa da Cultura de Burela
O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta, como novidade na súa programación para esta primavera, o I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, unha cita que pretende achegar mediante o cinema á cidadanía mariñá a historia de diversas mulleres que rachando os moldes da época, rachando coas normas impostas polo patriarcado, foron quen de facerse un oco na historia. Historias de mulleres e mulleres que fixeron historia.
O I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, nace após do éxito dunha das actividades máis asentadas do Observatorio, o video-forum Mulleres no Mundo que ten lugar en outono, desde fai catro anos, na vila de Foz. Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, terá o mesmo formato mais nesta cita primaveral o obxectivo é crear referentes, recuperar nomes de mulleres, pois aínda no S.XXI a historia séguese a transmitirse sesgada, baixo a óptica da mirada masculina, e sen ter en conta as aportacións da outra metade da poboación, as mulleres. A carteleira de películas, moi diversa e heteroxénea, dará a posibilidade de coñecer a mulleres que fixeron historia en diferentes ámbitos como as ciencias, a literatura, a política ou a arte
A primeira edición do video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, que comezou o pasado xoves 11 de abril, continúa este xoves 18 ás 20.00h na Casa da Cultura de Burela coa proxección da película Las horas, de Stephen Daldry. A película narra a historia de tres mulleres de épocas diferentes que tratan de encontrarlle sentido á vida. A principios dos anos 20, Virginia Woolf, feminista e escritora británica considerada unha das figuras literarias máis destacadas do modernismo literario do S.XX, nun elegante barrio de Londres, loita contra a súa tolura mentres comeza a escribir a súa primeira gran novela “Mrs. Dalloway”. A finais da Segunda Guerra Mundial (1935-1945), nos Ángeles, a Laura Brown, unha muller casada e con fillos, a lectura de “Mrs. Dallowey” resúltalle tan reveladora que comeza a considerar a posibilidade de cambiar radicalmente a súa vida. En Nueva York, Clarissa Vaughan, unha versión actual de “Mrs. Dalloway”, está namorada do seu amigo Richard, un brillante poeta enfermo de SIDA.
Ao igual que no video-forum Mulleres no Mundo, neste novo video-forum do Observatorio a entrada é gratuíta. As sesións estarán guiadas por socias do Observatorio e repartiranse uns pequenos dossieres con información sobre a película a visionar. Antes do comezo da película farase unha pequena contextualización do filme para a continuación realizar o visionado. Ao remate da proxección da película haberá un pequeno debate e reflexión posterior sobre diferentes aspectos abordados no filme, seguindo sempre unha metodoloxía participativa e aberta na que a monitora sexa a condutora das reflexións do grupo. Asimesmo, repartiranse cafés e pastas gratuitamente ás persoas que o desexen.
Este I Video-forum Rachando moldes. Mulleres que fixeron historia, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, conta coa colaboración da delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela, de RadioBurela e de Crónica3.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



