José Ramón Val critica que a Xunta “mire para outro lado” diante da situación dos pósitos
Pregunta no Parlamento pola situación da confraría de Baiona, que acumula débedas de 53.000 euros e perde 4.500 euros mensuais en gasto corrente
Santiago de Compostela, 04 de abril de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, advertiu hoxe que os retrasos nos pagos da Xunta ás confrarías galegas fai “insostible” a situación financeira destes órganos. Val presentou unha pregunta na Comisión de Pesca celebrada hoxe sobre a situación dos pósitos galegos a partir do caso concreto de Baiona, con débeda de mais de 53.000 euros e unhas perdas mensuais de 4.500 euros de gasto corrente.
Val criticou que o goberno galego “mira para outro lado” diante da difícil situación destes entes, asfixiados pola baixada de ingresos, que provoca a acumulación de débedas, o que á súa vez vese agravado polos impagos das administracións e “aboca a unha situación de alarma”. Sinalou que o goberno “debe ser quen fiscalice e ser coñecedor da situación real” das confrarías galegas.
Lamentou que malia os compromisos asumidos polo goberno de Feijóo o para actualizar as súas débedas a 15 de agosto do ano pasado, a realidade é que “vai facer un ano e aínda non fixeron os pagos”. Esta actitude, dixo, aboca a moitas confrarías a unha situación financeira insostible e lembrou que o goberno galego “ten mecanismos para poñer enriba da mesa” para axudar ás confrarías pagando con maior celeridade.
O parlamentario socialista advertiu que mentres a Xunta comprométese a realizar os pagos a realidade é que os retrasos nos pagamentos “obrigan á xente a traballar sen cobrar e as confrarías endebédanse ata límites insospeitados”, provocando EREs e despedimentos.
Renovación
José Ramón Val animou ao goberno galego a encetar o proceso de renovación das confrarías galegas, e lembrou que a Xunta acumula xa un retraso de medio ano para comezar a cambiar ás directivas dos pósitos.
O portavoz de Pesca considerou “importante que a Xunta clarexe a situación” destes entes e “si consideran viable garantir a súa continuidade” así como as medidas concretas a levar a cabo para resolver a súa situación financeira.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



