A asociación Mariñapatrimonio convida a todas as persoas interesadas en participar nun roteiro polos lugares arqueolóxicos máis emblemáticos das terras de Vilalba o vindeiro sábado 20 de abril coa colaboración do Museo Arqueolóxico de Vilalba e, en particular, do seu director Eduardo Ramil, que guiará a visita á Roza das Modias, a Pedra Chatada e o acubillo de Pena Grande, entre outros. A actividade inclúe a visita guiada ao Museo Arqueolóxico onde se poderán ver e tocar pezas procedentes da nosa comarca depositadas no Museo: útiles paleolíticos de Louselas (Ribadeo) e de Río Covo (Cervo). O prezo do roteiro co desprazamento e o xantar conxunto incluído, será de 25 euros. Os nenos, estudantes e Para participar é preciso apuntarse antes do 15 de abril chamando aos telefonos 654 173 637 ou 616 815 120.






















Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



