Este sábado 4 de maio celebrouse, no Auditorio do Centro Ágora da cidade da Coruña, a Gala das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Un dos premios de nova creación foi o Premio “Institucións” que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega. Este ano os socios e socias da AELG decidiron que dito premio recaera no asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural, entre elas a Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo. Por parte da Agrupación Cultural Francisco Lanza recolleron o diploma acreditativo de dito premio a súa presidenta Dores Fernández Abel e a súa tesoureira Alicia Sarmiento.





















Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



