Lugo, 28 de maio de 2013. O Pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou, esta mañá, por unanimidade, unha moción presentada polo Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, na que se insta ao Goberno do Estado a retirar a proposta de modificación da Demarcación de Planta para establecer un único partido xudicial por provincia, o que suporía a eliminación das unidades xudiciais das comarcas e a concentración do servizos xudiciais nas capitais de provincia.
Para o portavoz nacionalista, Mario Outeiro, “de aprobarse a proposta do ministro Gallardón, a reforma suporía un agravio para os concellos do rural lucense, posto que desaparecerían os partidos xudiciais de A Fonsagrada, Becerreá, Sarria, Chantada, Monforte, Mondoñedo, Vilalba e Viveiro, obrigando aos cidadáns a desprazarse a Lugo para poder empregar estes servizos públicos, co consecuente trastorno persoal, familiar, laboral e económico que iso supón. Ademais, esta medida incidiría no colapso que xa sufre na actualidade a administración de xustiza e que está a supor unha merma na atención aos cidadáns e un recorte nos seus dereitos”.
Ofensiva recentralizadora
Esta nova proposta de reforma enmárcase na ofensiva recentralizadora emprendida polos executivos central e galego con medidas que camiñan cara a recentralización do Estado; tanto no senso de prestación de servizos públicos como de toma de decisións.
Outeiro afirmou que “o PP emprendeu unha reorganización e centralización dos servizos sanitarios coa posta en funcionamento da Xerencia Única Hospitalaria, coa facenda pública, restándolle competencias e atribucións á Xerencia Tributaria de Burela e Monforte e tamén na administración de xustiza. Reformas que teñen a capital da provincia como único referente territorial para localizar e prestar estes servizos públicos fundamentais, en detrimento dos concellos cabeceira de comarca”.
“A ninguén se lle escapa que cada unha das reformas que vén impulsando o PP a través do Goberno do Estado e a Xunta de Galiza responde a unha estratexia consciente de desmantelamento dos servizos públicos do rural e a supresión de dereitos básicos para a súa veciñanza”, concluíu o portavoz nacionalista.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



