O evento será inaugurado por Rosa Quintana o vindeiro 23 de maio.
Burela, 15 de maio de 2013. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, inaugurará o vindeiro 23 de maio a XV Feira Náutico Pesqueira Expomar en Burela. O evento presentouse este mediodía no Concello. O alcalde, José Mª González Barcia, sinalou que “Expomar converte a Burela na capital da pesca do norte de España durante catro días”.
O rexedor subliñou que “este é un dos eventos máis significados que ten Burela ao longo de todo o ano. Expomar concentrará durante catro días, aproximadamente a unhas 320 firmas e a un centenar de expositores”. Para González Barcia “a feira representará, sen dúbida ningunha, unha inxección económica importante fundamentalmente para o sector da hostalería burelesa. Todo isto repercute de forma favorable no noso tecido socioeconómico, fai que Burela se proxecte ao exterior dunha forma importante. Expomar converte a Burela na capital da pesca do norte de España durante catro días, do 23 ao 26 de maio, e isto ten unha repercusión importante e un retorno considerable no tempo e no futuro”.
A XV Feira Náutico Pesqueira Expomar dará comezo o vindeiro 23 de maio. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, será a encargada de inaugurar esta cita ás 13 horas na nave de redes. O alcalde dixo que “ese mesmo día pola tarde terán lugar as xornadas técnicas, baseadas en aspectos que afectan de forma directa ao mundo da pesca e que preocupan tanto á actividade empresarial como a propia actividade mariñeira. O venres pola mañá celebraranse os encontros empresariais e a mediodía presentaranse as súas conclusións en rolda de prensa e xa pola tarde será a segunda xornada técnica baseada na comercialización. Este era un aspecto que ata o de agora non se estaba a tratar de forma profunda nos debates e nos foros que organiza Expomar ano tras ano, pero foron precisamente os comercializadores os que nos pediron a súa inclusión”. José Mª González Barcia sinalou que “tendo en conta que senón hai peixe non hai comercialización, sen dúbida para darlle maior valor engadido ao peixe unha boa comercialización, feita con criterio e con rigor, repercute de xeito positivo na actividade pesqueira”.
A organización agarda contar coa presenza do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para o acto de clausura que se desenvolverá o domingo 26 de maio.
O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela indicou que “o presuposto da feira é de 170.000 aproximadamente, que está cuberto basicamente polo importe do que se cobra aos expositores, aínda que tamén hai que destacar a aportación que fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, un pouco menos a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Burela que aporta anualmente a cantidade de 12.000 euros para o funcionamento da Fundación Expomar”.
A XV Feira Náutico Pesqueira Expomar foi presentada xa hai uns días en Santiago e en Lugo e hoxe no Concello de Burela.





















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



