A formación galeguista alerta da dificultade de manter os servizos de atención á dependencia nestas condicións, e de cómo isto afecta concretamente á provincia de Lugo, de marcado carácter rural e disperso xeograficamente, cunhas pensións baixas, o que dificultará aínda máis que os dependentes e as familias non poidan facer fronte ao custe do servizo.
Iván Marrube, portavoz de Compromiso na Mariña alerta de que “o recorte de 4.000 millóns de Euros á Lei de Dependencia supón un finiquito á mesma, eliminando os dereitos fundamentais e destruíndo centos de postos de traballo de persoas que coidan das persoas en situación de dependencia, e prexudicando gravemente ás familias dos dependentes”.
Do mesmo xeito, cualifica ao goberno central e autonómico de “auténticos farsantes e sen rastro de sensibilidade social; xa que a lei de dependencia debe velar pola promoción da autonomía das persoas en situación de dependencia”. Continua alegando que “ao goberno non lle interesa manter as mínimas condicións para a cidadanía, xa que son considerados como un número, e só lles interesa que paguen”. Engade que “se queren liquidar a lei, que o digan claramente”, conclúe Marrube.