Burela, 24 de maio de 2013. O secretario general de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Carlos Domínguez, cursou esta mañá unha visita á lonxa de Burela “para coñecer in situ o proceso de venda de peixe que se fai aquí”, segundo explicou o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.
O rexedor sinalou que “a impresión foi moi positiva porque puido contemplar en vivo e en directo cómo se fan as cousas aquí en Burela, cun control moi riguroso por parte de Absa, control de pesado, control de venda, etc, un proceso completamente informatizado”.
Para González Barcia “o que representa esta visita so secretario general de Pesca é un interese e un compromiso por parte das autoridades pesqueiras do goberno central cara o mundo do mar, algo que é moi positivo. Imos confiar en que as demandas que o sector está a plantexar teñan eco primeiro en Madrid e despois en Bruxelas”.
Encontro empresarial
O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar asistiu ao inicio do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras que se desenvolve en Burela no marca do feira monográfica Expomar. “O que lles plantexei é que analicen a situación co rigor co que o saben facer e que poñan enriba da mesa aquelas alternativas que eles consideran que son fundamentais para que o sector da pesca teña futuro e viabilidade e para que poida garantir a actividade pesqueira, profesional e empresarial”, manifestou González Barcia.
O rexedor engadiu que “en definitiva é do que se trata nunha situación como a que estamos a vivir, que é de crise económica importante. As conclusións que saque o sector serán trasladadas ás administracións competentes en materia pesqueira”.