O próximo 15 de xuño no Frontón Municipal de Riazor (A Coruña) de 10:30 a 14:00, o Club Basquet Coruña organiza a I Maratón Solidaria 3×3 a favor das enfermedades raras. Nun primeiro momento a data prevista era o 17 de maio, pero por motivos organizativos tivo que ser aprazada. Participarán nenos das categorías base e os gañadores recibirán uns trofeos conmemorativos desta Maratón a favor de FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) que representa aos afectados por enfermidades raras na Comunidade de Galicia.
As enfermidades raras son aquelas de baixa prevalencia, qeu afectan a menos de 5 de cada 10.000 habitantes. O ano 2013 foi declarado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, Ano Nacional das Enfermidades Raras e é por iso que FEGEREC, en colaboración con diversas entidades deportivas, o concello de A Coruña, o Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña e co patrocinio de Coca-Cola, un ano máis realiza estes Torneos de Deporte Solidario.
A Presidenta de FEGEREC, Paca Luengo, explica que deste xeito, preténdese concienciar aos nenos e ás súas familias da importancia do apoio de toda a cidadanía a aqueles que teñen un problema de saúde e mediante o esforzo deportivo, conseguir visibilidade para as enfermidades raras. Do mesmo xeito agradece a colaboración e apoio dos clubs e entidades deportivas.
III Torneo Solidario de Fútbol 7 Enfermedades Raras
O pasado 1 de maio o deporte estrela foi o fútbol grazas á colaboración de AFAC (Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña), onde Francisco Mourelo (concelleiro de Deportes de A Coruña) e Mariel Padín Fernández (Vicepresidenta da Deputación de A Coruña) fixeron entrega dos trofeos aos gañadores, acompañados de membros da Xunta Directiva de FEGEREC. Queda pendente unha cita coa ximnasia rítmica e coa patinaxe artística para completar este Ano Nacional das Enfermidades Raras.
Os beneficios destes eventos de deporte solidario irán destinados a esta Federación que leva a cabo a súa labor de apoio e de asistencia sociosanitaria en Galicia a afectados por enfermidades pouco frecuentes e ás súas familias, ofrecendo servizos de asesoramento, información, fisioterapia, psicoloxía, terapia ocupacional, etc.









A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
