O alumnado do IES Illa de Sarón de Xove protagonizou onte á tarde unha “sentada” na entrada do centro para mostrar a súa oposición aos recortes na educación e ás novas medidas contempladas na LOMCE. Particularmente protestan contra a imposición de barreiras que impidan ou dificulten o acceso á educación superior (reválidas, selectividade, incremento das taxas …) e contra os recortes no ensino público e a consecuente privatización, e defenden a integración de todo o sistema educativo nunha única rede de calidade, democrática e científica. Tamén reivindican unha política de becas que acabe coas trabas económicas ao estudo e un plan de choque de investimentos na educación pública. Por último apostan pola defensa dos dereitos democráticos do estudantado mediante o recoñecemento efectivo do dereito á folga, e pola anulación dos acordos co Vaticano que permita a desaparición das clases de relixión, xa que entenden que os fondos públicos non deben servir para financiar o adoutrinamento relixioso.





















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



