Os populares viveirenses denuncian que “unha vez máis asistimos a situacións que non tiñan por qué suceder e que son perfectamente previsibles”.
“O embargo dos bens municipais pola SGAE, non é un caso illado e non debe quedar como unha mera anécdota pois, Viveiro foi e é, o único concello da comarca e da Provincia que foi embargado non só por esta sociedade senón por outros moitos provedores, o que denota o desvarío e a apatía que este alcalde e os seus gobernos aportaron á institución máis representativa do municipio. Embargos que non foron máis numerosos precisamente polo Plan de Pagos a Provedores posto en marcha polo actual goberno da nación”, segundo apunta o concelleiro popular, César Aja.
Os cidadáns de Viveiro e o PP ven con absoluta sorpresa como tres institucións como son a Xudicial, a SGAE e o Concello, “se xustifican mutuamente, sen que ninguén adopte as medidas oportunas para dar solución a un grupo de traballadores que levan dende xaneiro sen cobrar o seu salario, sendo o motivo única e exclusivamente o decidir quén ten a responsabilidade e a obrigación de velar polos intereses dos traballadores”.
Aja explica que “non cabe dúbida de que estes traballadores pertencen a unha empresa municipal, é dicir ao Concello. E, polo tanto, é o xefe de persoal quen debe velar polo benestar dos seus empregados. Nembargantes, non coñecemos por parte do alcalde ningunha acción encamiñada en dar solución a este problema”.
“Ó igual que se realiza para outros colectivos, nada impide que se lle adianten certas cantidades ós empregados municipais e así evitar tensións económicas a familias que teñen todo o dereito de cobrar polo seu traballo, dado que estas cantidades, agora inmobilizadas, son recuperables para o Concello unha vez liberalizadas”, segundo os populares.
Desde o PP agardan que “se dea solución á utilización dos fondos de Aparcamientos A Mariña ó obxecto de poder satisfacer a débeda que a empresa ten cos seus traballadores ou en caso contrario se habilite a correspondente partida por parte do Concello para adiantar ós traballadores as cantidades adebedadas”.





















Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



