Cervo, 29 de maio de 2013-As tarefas para liberar aos cinco cans abandonados nunha vivenda da parroquia de San Román leváronse a cabo esta mañá con normalidade e sen ningún incidente segundo informou a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Begoña Alonso. Uns traballos que foron posibles grazas aos técnicos e os axentes das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Seprona e a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo.
Alonso, que tamén estivo presente durante o proceso así como efectivos da Policía Local de Cervo, explicou que os veterinarios conseguiron inmobilizar aos animais (tres rottweiler e dous pit bull) en preto de 40 minutos. Despois foron cedidos á protectora situada na capital lucense, polo que xa se atopan baixo a custodia desta entidade.
A clave para solucionar este caso foi a autorización asinada polo inquilino da casa e dono dos cans pola que daba permiso para entrar no inmoble a recoller aos animais e cederllos á protectora. Unha autorización que conseguiu onte o Concello despois de que persoal municipal se desprazase ata a actual vivenda do propietario dos cans, que xa non vive en San Román, para reclamarlle unha solución. Cabe lembrar que sen esa autorización non se podía acceder ao interior da casa nin recoller aos cans e levalos á canceira actuando conforme á legalidade.
A edil de Medio Ambiente aproveitou para “agradecer a todos los técnicos y agentes de las distintas administraciones y entidades su trabajo y su aportación a la resolución satisfactoria y rápida de este caso”. Ao mesmo tempo Alonso tamén quixo facer un chamamento á cidadanía para que “no se produzcan más abandonos ni situaciones de maltrato animal” e para iso “ser conscientes de que las mascotas implican una responsabilidad ineludible ya que el dueño tiene la obligación de mantener a los animales a su cargo y proporcionarles atenciones, cuidados y protección”.
Dende o Concello lembran tamén que os interesados en adoptar un animal poden poñerse en contacto coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo. A edil tamén aproveita para facer unha recomendación: “La mejor opción para aquellas personas que quieran tener una mascota en casa es acudir a la protectora para darle un hogar a esos animales que han sido rechazados de forma inhumana por sus anteriores dueños”.