A Delegación Municipal de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal de Burela, fai público o fallo do xurado sobre o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2013”. Os premios serán entregados polo alcalde, José Mª González Barcia, e pola concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre. Será o 7 de xuño ás 19.30 horas na biblioteca. O rexedor e a concelleira felicitan a todos os premiados e a todos os participantes no certame. Os gañadores nesta fase local foron os seguintes:
DEBUXO
-Categoría A (ata 8 anos): 1º premio, Lucía Cancelos Rebolo (7 anos. CEIP Vista Alegre); 2º premio, Miguel Rodríguez Gómez (8 anos. CEIP Vista Alegre); 3º premio, Sabela Fernández Díaz (8 anos. CEIP Vista Alegre).
-Categoría B ( de 9 a 11 anos): 1º premio, Carla Gómez Lestegás (9 anos. CEIP Vista Alegre); 2º premio; Yaiza Uria Fra (11 anos. CEIP Vista Alegre); 3º premio, Ana Rapa Casariego (10 anos. CEIP VIsta Alegre).
-Categoría C ( de 12 a 16 anos): 1º premio, Manuel Rubiños Trelles (12 anos. CEIP Vista Alegre); 2ª premio, Irene Rico Gómez (13 anos. IES Monte Castelo); 3º premio, Diego Rodríguez Gómez (12 anos, IES Monte Castelo).
NARRACIÓN
-Categoría A (ata 8 anos): 1º premio, Paula Enríquez Barcia (8 anos. CEIP Vista Alegre).
-Categoría B ( de 9 a 11 anos): 1º premio, Yago Montero Gradaille (10 anos. CEIP Vista Alegre); 2º premio, Ana Díaz Carracedo (11 anos. CEIP Vista Alegre); 3º premio, Nuria Bermúdez de la Puente Campos (10 anos. CEIP Vista Alegre).
-Categoría C ( de 12 a 16 anos): 1º premio, Irene Rico Gómez. (13 anos, IES Monte Castelo); 2ª premio, Lorena Barrera López (15 anos. IES Monte Castelo).





















O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



