Os venres e sábados do mes de xuño volven os “montaditos” ao hotel Vila do Val, aínda que a primeiro cita xa será este venres 31 de maio. Así, os que o dexen poden achegarse ás instalacións do hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro e degustar unha ampla gama de “montaditos” ao prezo de 2 euros a unidade. A proposta para esta fin de semana é: montadito de lomo, melocotón e queixo; de crema de cangrexo; de espárragos con bechamel; de ovo revolto, pesto e xamón; e de sardiña con cebola e pementos. A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, indica que “dado o éxito que tiveron os montaditos fai uns meses, pensamos en repetir a experiencia agora que se achega o bo tempo, acompañados dunha boa cervexa ou dun bon viño”.
Volven os “montaditos” ao Hotel Vila do Val
Volven os “montaditos” ao Hotel Vila do Val
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional