Lugo, 29 de xuño de 2013.- O Goberno galego, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, continúa cos traballos encamiñados á conservación e recuperación da troita nos ríos da provincia de Lugo. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou que ao longo deste mes de xuño e do de xullo, o departamento autonómico desenvolve “un importante traballo para facilitar a recuperación destas especies nas concas fluviais da provincia”.
Estas actividades, que se enmarcan no programa do Plan de Recuperación das Poboacións ameazadas destas especies, permiten impulsar a repoboación con especies autóctonas en máis dunha quincena de tramos de ríos do territorio lucense. Así, na planificación que levan a cabo técnicos de Conservación da Natureza está prevista a actuación en treitos do Eo, Masma, Landro, Ouro, Miño, Navia, Parga, Lor, Cancelada, Ser, Narón, Larxentes e Loio.
No plan de recuperación das poboacións de troita común autóctona e de salmón nos ríos de Galicia, emprégase a técnica das repoboacións só naquelas situacións onde o proceso natural poida resultar imposible ou dunha duración excesiva.
No resto dos casos procúrase que sexan as poboacións existentes na mesma conca fluvial as responsables de colonizar os treitos afectados por episodios de mortalidade.
Nestes meses, realizaranse diversas soltas de alevíns de troita común e salmón procedentes dos criadeiros específicos destas especies que a Xunta ten no Veral (Lugo) –especializado nas liñas xenéticas de troita do Miño Alto e da Mariña- e Goó (O Incio) –centrado na liña xenética de troita do Sil-, onde se obteñen as crías grazas á reprodución de exemplares autóctonos de troita e salmón que foron capturados nos propios ríos con anterioridade.
Así, Arias indicou que, ao remate das distintas soltas dispostas, teranse liberado para facilitar a repoboación destas especies arredor de 89.000 alevíns de troita común e 110.000 de salmón atlántico.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



