O Concello de Barreiros publica un bando sobre o programa de vacacións do Imserso para persoas con discapacidade deste 2013. O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de outubro. Os requisitos son os seguintes: persoas que acrediten un grao de discapacidade física ou orgánica igual ou superior ó 33%, tendo prioridade aqueles que superen o 50%; ser maior de 16 anos e con autorización para menores desa idade; poderá asistir de xeito excepcional os fillos das persoas beneficiarias menores de 16 anos; terán que levar acompañante aquelas persoas que utilicen cadeiras de rodas ou que requiran axuda para as actividades básicas da vida cotiá. Os interesados poden dirixirse ata o departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres en horario de 10 a 14 horas.
Bando do Concello de Barreiros