INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA OS AFECTADOS QUE FORAN CHAMADOS PARA IR A ARBITRAXE ESTE MES OU NOS VINDEIROS:
1º: Poida que reciban a chamada do banco dicíndolles que teñen que escoller entre quedarse con accións ou optar ao canxe por liquidez. (Tanto para preferentes como subordinadas)
2º: Decídanse por calquera das dúas opcións non van a ter ningún problema para recuperar o invertido (tendo sempre en conta a compensación de intereses que fixeron en todos os casos)
Si se quedan coas accións: cando vaian a arbitraxe devolveranlles o que lles dixeron cando os chamaron de consumo confirmándolles a aceptación da arbitraxe.
Se aceptan o canxe: Cobrarán o 19 de xullo a cantidade resultante de dita operación, e cando vaian a arbitraxe devolveranlles o resto. (A quita que lles aplicaron para efectuar o canxe)
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O RESTO DE AFECTADOS:
– Do 17 ao 28 de Xuño: Todas aquelas persoas que teñan Subordinadas con vencemento deberán escoller a opción de quedar con accións(que despois poden vender ao FGD) ou depósito.
– 4 de xullo: Recompra de preferentes e subordinadas e subscricións de accións.
– Do 17 de xuño ao 12 de xullo: Posibilidade de venta de accións a o Fondo de Garantía de Depósitos para recuperar liquidez despois das quitas correspondentes.
– 19 de Xullo: Pago pola venta de accións.
RESUMO DAS OPCIÓNS QUE HAI NESTES MOMENTOS PARA AFECTADOS QUE NON FORAN CHAMADOS PARA ARBITRAXE:
Caso de Preferentes e Subordinadas perpetuas:
– Quedarse con accións.
– Vender as accións ao Fondo de Garantía de Depósitos e obter liquidez despois das dúas quitas correspondentes.
– Vía xudicial
Caso de Obrigacións Subordinadas con vencemento:
– Depósito ata o vencemento aceptando a quita correspondente.
– Quedarse con accións.
– Vender as accións ao Fondo de Garantía de Depósitos e obter liquidez despois das dúas quitas correspondentes.
– Vía xudicial.
Recordamos a todos os afectados que a vía xudicial segue estando aberta para poder reclamar no caso de non estar de acordo co exposto anteriormente e incluso despois de vender as accións para obter liquidez, pero insistimos en que haberá que estudar moi ben cada caso e informase con persoal cualificado para ver as alternativas que pode haber.
A partides de agora as decisións a tomar son completamente persoais por parte de cada afectado, nós tratamos e seguiremos facéndoo de proporcionar a maior información posible para que podan decidir.
Poden contactar coa plataforma do seguinte xeito:
Teléfono: 608 191 779 – A partires das 19:00h.
Enderezo electrónico: afectadospreferentesamarinha@gmail.com






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



