Este sábado día 15 de xuño o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza a primeira actividade para reclamar unha ciclovía en Viveiro. Trátase dunha biciconcentración no Paseo marítimo, diante do Parque de Cantarrá que dará comezo ás 12 horas. A animación musical desta biciconcentración estará a cargo de Hortensio “Home orquestra” e nela darase lectura a un manifesto a favor dun carril-bici e agasallarase cunha camisola ás cincuenta primeiras persoas que se acheguen a este acto.
