ACISA Ribadeo organiza unha nova charla sobre as preferentes e as subordinadas que terá lugar o vindeiro luns, 17 de xuño, a partir de las 19 horas no salón de actos da Casa Sindical, e na que se contará coa presenza do despacho Mateo y Sánchez, especialistas en dereito bancario. Desde a directiva de ACISA explican que “nesta ocasión os avogados deste despacho van a informar de todas as novidades que se foron producindo ó largo das últimas semanas e días sobre o tema”. ACISA recorda que “no mes de abril a asociación organizou unha primeira charla sobre esta problemática, que reuniu a moitos afectados, e que ocasionou que este despacho esté levando o caso de moitos ribadenses ”. A directiva de ACISA sinala que “a charla está aberta a todo o que queira asistir, sexa socio ou non. É un tema que preocupa a toda a sociedade e, por iso, quixemos organizar de novo esta charla-coloquio, porque son moitas as novidades que se producen case a diario con este espiñento asunto”.
Charla sobre preferentes e subordinadas en Ribadeo