Esta semana seguen as actividades dos VII Foros Permanentes para as Mulleres. Haberá dúas charlas no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo. Nestes foros falarase da menopausia. ‘Unha nova etapa, a menopausia, cómo a vivimos’, é o título das dúas charlas. O asunto será abordado o martes, 18 de xuño, por Raquel Medina, médica no Centro de Saúde de Ribadeo. Esta conferencia será ás 18:30 horas. E da menopausia tamén falará a psicóloga Juana Blanco. Será o xoves, 20 de xuño, ás 20:30 horas. Os VII Foros Permanentes para as Mulleres, que esta semana chegan ao seu fin, incluíron obradoiros nas Anzas, Ove, Remourelle, Vilaselán, Couxela, Piñeiro, Vilaosende e Ribadeo, así coma unha nova edición dos denominados ‘Domingos a pé’ e unha viaxe gratificante e relaxante ao spa de Vilalba. A actividade foi organizada pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a Área de Igualdade da Deputación de Lugo.
Charlas sobre a menopausia
Charlas sobre a menopausia
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón