O venres 21 de xuño e o sábado 22 desenvolveranse dúas novas xornadas de “montaditos” nas instalacións do hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro onde se poderá degustar unha ampla gama de montaditos ao prezo de 2 euros a unidade. A proposta para a fin de semana está dedicada á gastronomía internacional, polo que se ofrecerán “montaditos” denominados “especial España”, “bella Italia”, “La petit France”, “Méjico lindo” e “100% Argentina”. Do mesmo xeito, continúan a celebrarse as cuartas xornadas do bacallau, de venres a domingo, durante todo o mes por un prezo de 18 euros cada comensal. O menú inclúe bocadiños de grelos, prato de bacallau a escoller entre bacallau Vila do Val, en salsa de ourixos ou en salsa mariñeira con ameixas e lagostinos, sobremesa, auga, pan e café. O teléfono de reservas é o 982 57 16 53.
“Montaditos” internacionais no Vila do Val
“Montaditos” internacionais no Vila do Val
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional