Os veciños de Cervo saen de novo á rúa proclamando o seu rexeitamento a que o concello pase a ser atendido por tres facultativos, dous en San Cibrao e un en Cervo, esta vez diante do Hospital da Costa e facendo entrega dun escrito á Conselleira de Sanidade, ao Xerente Executivo e ao Xerente Provincial esixindo a restitución do cuarto médico perdido como consecuencia dos recortes en sanidade promovidos polo PP e o Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial. Unha vez máis volveron berrar que non queren perder facultativos, que recortar non é mellorar e que tres médicos non é mellor que catro.
