O presidente da Organización Española de Fisioculturismo NABBA dende 2001, Tomás Abeigón, pechará mañá as II Xornadas do Deporte da Fundación Imdecum. Baixo o título ‘O fisioculturismo: un deporte, unha ciencia e unha arte’, o relatorio está previsto para as 17.00 horas, no IES Monte Castelo
Tomás Abeigón (Pontevedra, 1969) proclamouse en 1996 campión de España de Fisioculturismo Natural; no seu palmarés destaca o Premio Nacional ‘Intergyms de Ouro’, sendo o único que o conseguiu ata o momente tres edicións consecutivas (2000, 2001 e 2002). Abeigón é licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo, Máster en Musculación Deportiva e adestrador Nacional de Fisicoculturismo e Musculación, ademais de Halterofilia.
Deporte sen Barreiras
A semana pasada a Academia Imdecum tivo o privilexio de contar entre os seus invitados cos tenistas en cadeira Álvaro Illobre e Martín Varela, acabados de aterrar do Campionato Mundial de Turquía. Xunto aos devanditos deportistas, os asistentes ás Xornadas do Deporte puideron profundar nos deportes paralímpicos e nas súas modalidades e nas diferentes competicións, ademais de coñecer algunhas anécdotas das experiencias persoais dos invitados.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas
Xoves 6 de xuño
Título: “O fisioculturismo: un deporte, unha ciencia e unha arte”
Relator: Tomás Abeigón, presidente da Organización Española de Fisioculturismo