Burela, 13 de xuño de 2013. O equipo de goberno do Concello de Burela anunciou hoxe que estudará detidamente a petición de uso da praia de Penoural por parte de mascotas, aínda que lembrou que a normativa municipal neste momento impide a presenza de animais de todo tipo nas praias da localidade e que por riba de todo o primeiro que hai que defender son os dereitos dos cidadáns.
Desde o goberno municipal aclaran que “as sinaturas non nos van condicionar, dado que esa contía é absolutamente relativa. É probable que houbese máis aínda se se pide que se sancione máis contundentemente ós propietarios que non recollen os excrementos das mascotas, ou se se reclama o uso exclusivo da praia por parte dos cidadáns. Analizaremos a solicitude e adoptaremos a decisión que haxa que adoptar, aínda que lembramos que con este equipo de goberno ninguén falou sobre o asunto, nin a título individual nin colectivo, agás unha persoa que se dirixiu ó alcalde a nivel de simple comentario”.
Ademais o equipo de goberno afirma que “a concelleira de Medio Ambiente do bipartito, a señora Bouza, non cambiou a ordenanza. De xeito moi sibilino deixaba que os cans foran á praia de Penoural, pero tivo que dar marcha atrás ante as protestas dos usuarios da praia, que os ten a pesares de todo. Era tal a presenza de excrementos que a situación era insostible. Pero insistimos en que en ningún momento se plantexou en serio modificar a ordenanza, e lembramos que o bipartito semellaba ter maioría absoluta. Polo tanto resulta cando menos chocante que agora a señora Bouza, que non pode esquecer que é concelleira, se poña ó fronte dunha petición que ela mesma non foi capaz de cumprir e agora pretende que o fagamos nós, co que debe ter sumo coidado se pretende politizar esta cuestión”.
“Finalmente respectamos profundamente as sinaturas recollidas, respectamos profundamente o dereito dos cidadáns a disfrutar de calquera praia e demandamos dos propietarios de mascotas que non limpan os excrementos dos seus animais que o fagan, para manter limpo as rúas da vila, dado que son moitas as queixas que recibimos a diario por este motivo. Se non se fai non quedará máis remedio que aplicar a norma vixente al dedillo, que pasa pola denuncia, pola multa e polo aboamento da mesma”, remata o goberno local burelés.