Lugo a 22 de xuño de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular manifesta de novo o seu rexeitamento ante a utilización partidista de fondos públicos que promove a Deputación Provincial de Lugo, xunto ao seu dirixente, José Ramón Gómez Besteiro, que dentro da Área de Presidencia do organismo provincial gastou máis do orzamentado no Plan Estratéxico de Subvencións do 2011 (PES) e non concedeu con cargo a este plan e dentro desta área ningunha subvención excepcional a concellos gobernados daquela polo Partido Popular.
Así o reiteraron os populares tras ter acceso a informes, aportados durante a comisión informativa celebrada o pasado 17 de xuño de 2013 e na que se tratou a avaliación do Plan Estratéxico de Subvencións da anualidade 2011.
O informe de seguemento do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) do 2011 recolle que a Área de Presidencia no ano 2011 custou en subvencións o dobre do previsto. Así, mentres o crédito dispoñible era de 867.951,23 euros; os gastos efectivamente realizados son de 1.741.529,95; o que supón un incremento na cantidade presupostada de 873.578,72 euros.
O Grupo Provincial do PP critica este elevado incremento de crédito nunha área “claramente politizada”, en comparativa con outras como benestar social ou cooperación e asistencia aos concellos nas que non se chegou a executar o orzamento dispoñible.
Ademais, os populares lamentan que este incremento nas subvencións concedidas dentro na área de Presidencia no PES de 2011 se dirixan a beneficiar a través dun procedemento de excepcionalidade soamente a concellos que comparten a cor política dos socialistas ou dos seus socios de goberno.
Tanto é así que, durante 2011, Gómez Besteiro dentro da súa área concedeu 15 subvencións excepcionais, a un total de 11 concellos, gobernados todos eles daquela polo PSOE ou BNG, dos que tres pasaron a ter alcaldes do PP tras as últimas eleccións municipais.
Os populares explican que son agora informes os que recollen os datos que avalan as denuncias dos populares en relación a utilización partidista de fondos públicos, e a utilización de procedementos que non seguen o principio de concorrencia competitiva e permiten o destino de subvencións en función dos intereses políticos de Gómez Besteiro e non en relación as necesidades reais dos lucenses.
Tanto e así que os populares explican que do total das subvencións concedidas a través das catro áreas nas que se dividiu a actividade subvencional durante 2011 –Presidencia; Cooperación cos Concellos; Cultura, Deportes, Ensino, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, así como Benestar Social, Xuventude e Turismo-; o 61,5 % do importe total foi repartido a través do procedemento directo nominativo, excepcional ou plurianual.




















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



