Burela, a 16 de marzo de 2013.- O Partido Popular de Burela presentou hoxe en rolda de prensa as liñas básicas de actuación despois de terse celebrado o congreso local que renovou o mandato de José María González Barcia á fronte do partido. Na rolda de prensa, compareceron, ademáis de Barcia, o presidente de honra, José Luis González Arnaú; a nova secretaria xeral, Mar Fraga Fernández, e a vicesecretaria xeral, María José García Eiroa.
José María González Barcia indicou que “estas liñas xerais terán que ser ratificadas pola nova Xunta Directiva local, que se constitúe precisamente hoxe, e que comenzará xa a desmenuzar as liñas de traballo que trasladaremos desde a dirección do partido”.
O presidente dos populares de Burela afirmou que “o eixo da nosa actuación política será o cidadán, porque nestes momentos é precisamente cando desde as organizacións políticas temos que escoitar á xente e tentar dar solución. Precisamente por eso, desde o PP-Burela manteremos, e tentaremos incrementar, as reunión que de forma periódica facemos polos barrios coas veciñas e cos veciños, cos colectivos, para explicar o que facemos, o que queremos, e atender ás demandas que se nos faigan chegar”.
Ademais, González Bacia manifestou que “se incrementará, ainda máis se cabe, a coordinación entre partido e grupo municipal: todos os concelleiros sen excepción se incorporan á xunta directiva local, e participarán na toma de decisións que o partido adopte, dado que eles deben ser a correa executora do programa e das directrices do partido”.
Por outra parte, Barcia asegurou que “a maquinaria do partido vai estar sempre perfectamente engrasada: queremos que a participación interna siga sendo fundamental, e que os órganos de goberno orgánicos funcionen e o faigan de forma coordinada”.
A figura do portavoz, que exercerá José Luis Lois Losada, indicou o presidente local dos populares, “será a voz do partido, que se fará oir cando a xunta directiva ou a dirección do partido o estime oportuno. É necesario facer fincapé na diferenciación dos ámbitos de traballo, e que exista a máxima coordinación tén que significar que cada quen, portavoz do partido, ou portavoz e concelleiros do grupo municipal, falan desde o seu ámbito de competencias”.
Para facilitar a capacidade de maniobra do partido, Mar Fraga, a nova secretaria xeral do PP burelés, manifestou que “non se vai escatimar en traballo: queremos que as vicesecretarías executivas sexan dinamizadoras dentro do seu ámbito de actuación, e que sexan capaces de formar grupos de traballo que de forma periódica aporten ó partido a percepción que a sociedade tén sobre as áreas de traballo que temos definidas”.
Finalmente, Mar Fraga manifestou que “para o PP-Burela, hai algo que non cambiará: queremos que a Xunta Directiva local siga a ser o órgano que toma as grandes decisión, o órgano que impulsa a actividade do partido. Este partido non se entende sin as súa militancia, e a militancia está representada na Xunta Diretiva local”.