Mondoñedo, 12 de xuño de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo, organizador da visita dun grupo de hostaleiros á Ribeira Sacra, valora de “moi positiva” esta viaxe de traballo, onde segundo explica a popular Elena Candia, “se acordaron liñas de traballo comúns que repercutirán beneficiosamente no turismo e na economía local”.
Nestas xuntanzas co presidente do Consello Regulador da Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez; coa xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Alexandra Seara; e co presidente e ca secretaria da Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural, Arturo Ruíz e Susana Conde; respectivamente; participaron hosteleiros locais, o presidente e vicepresidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo, Manuel Tapia e Ángel Marful, respectivamente; e representantes da Plataforma Mondoñedo Unido
Esta viaxe deseñouse como continuación á liña de traballo iniciada fai meses na procura do fomento do turismo local, “sector clave en Mondoñedo”, segundo explica a popular, quen reitera o compromiso do seu partido de continuar “coa posta en marcha do proxecto turístico que temos para a localidade”. Así, “dende o lugar que ocupamos procuramos abrir vías para facelo o mellor posible”, conclúe.
Fórmulas de colaboración
A visita á Ribeira Sacra e a reunión con técnicos permitiron acordar fórmulas de colaboración entre estas dúas zonas, que permitirán crear proxectos conxuntos que aproveiten os atractivos turísticos das dúas localizacións.
Así, ACIAM e o Consello Regulador da Ribeira Sacra traballarán na redacción dun convenio de colaboración, que repercutirá no beneficio de ambas partes, e no que se procurará a cooperación en eventos concretos, como é o concurso de Tapas –celebrado na última semana de novembro-.
Asemade, tamén se acordou co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e coa directiva da Asociación Ribeira Sacra Rural, a creación dunha mesa de traballo na que se deseñarán con todo detalle e total concreción os paquetes que se comercializarán de xeito conxunto. Participarán nesta mesa, entre outros, o presidente da ACIAM, a secretaria da Asociación Ribeira Sacra Rural e o colaborador en turismo Valentín Insúa Palacios; que se establecen un prazo de dúas semana para o desenvolvemento destes paquetes.
A voceira popular explica que estes paquetes márcanse cun obxecto que é o de “xerar riqueza” e que polo tanto que “os turistas visiten a localidade, pero tamén que merquen en Mondoñedo”, resaltando así os “nosos produtos estrelas como son a tarta ou a empanada”.
Novas tecnoloxías
Candia explica que das reunións con técnicos turísticos, que participaron desinteresadamente, extraeron conclusións no ámbito turístico para continuar cunha mellor liña de traballo que permitirá obter un resultados máis produtivos, co emprego dos menores recursos posibles.
Os técnicos consultados durante as xuntanzas resaltaron o necesario reforzo e perfección dos instrumentos de información (web, planos…) en calquera plan de dinamización turística e máis en época de escaseza de recursos.
Asemade, estes técnicos explicaron que o manexo responsable, activo e actualizado das redes sociais é outros dos elementos importantes na promoción, xa que permiten resultados rápidos e bos con poucos recursos.