Lugo, 8 de xuño de 2013. O Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, saíu ao paso das declaracións da Portavoz do PP Elena Candia, lamentando que situase ao CB Breogán no debate político, criticando que acudise a falsidade para defender as súas posicións e denunciando o descoñemento de causa que demostra neste tema.
“Hai mala fe por parte de Candia cando denuncia falla de compromiso por parte da Deputación, posto que se o PP quere comprometerse de verdade co club ten que pasar das palabras aos feitos e como portavoz da forza política gobernante na Xunta debería comezar por demandar o mesmo compromiso desta que a Deputación ten en relación co Breogán” afirmou Veiga. “Pero hai aínda algo máis grave” – continuou o nacionalista- quen denunciou que “Candia acuda de xeito reiterado á mentira cando se atreve a por en dúbida a legalidade do proceso. Son aos servizos de secretaría e intervención á quen lles toca determinar a legalidade dos actos admistrativos da Deputación e tanto secretaría como intervención informaron favorabelmente tanto ao proceso de abandonar o accionariado do Breogan, como ao xeito de facelo, pola vía da doazón previa enaxenación, como por suposto aos prazos de saída, tamén fixados e avalados nos informes destes servizos”.
Xa por último Veiga indicou que “os populares demostran que non se enteran cando fixan o valor nominal das accións do CB Breogán en 16,23 Euros, este era o prezo en 2003, pero o prezo das accións que tera que fixar un auditor externo debe facerse atendendo a criterios de mercado e a día de hoxe podo garantirlle que non chegan a tres euros, e senón ao tempo posto que en semanas sairemos de dúbidas. É máis esta perda no valor das accións é un exemplo claro do quebranto que o PP lle provocou a todos os lucenses entrando no accionariado do CB Breogán e debe ser motivo de reflexión sobre a conveniencia de entrar un administración pública nunha SAD”.
Antonio Veiga lembrou que “a herdanza que recibimos cando nos tivemos que facer cargo do club foi unha entidade, segundo os auditores externos, en causa de disolución, cun desfase patrimonial de máis de 1.200.000 euros e en situación de quebra técnica. Foi a directiva dirixida por Antón Bao, da que o seu compañeiro de partido Xosé María González Barcia facía parte como tesoureiro, quen iniciou o proceso de saneamento do club e quen evitou aínda un feito máis grave como era a disolución do club como consecuencia da situación económica na que se atopaba. Se hoxe podemos estar falando da existencia do Breogán foi polo paso adiante que se deu naquel momento, un paso adiante que tivo continuidade na posta en marcha do plan financeiro aprobado que permitiu ir progresivamente saldando a débeda do club, débeda que após o acordo de onte da Xunta de Goberno está finiquitada. Iso é compromiso co Breogán o que demostrou primeiro a directiva de Antón Bao e as directivas sucesivas, compromiso é o que demostrou a Deputación Provincial, compromiso que contrasta cunha Xunta de Galiza que primeiro puxo trabas na xestión económica da entidade e que non achegou as axudas públicas que a entidade merecía”.
O Vicepresidente da Deputación volveu a incidir en que “hai unha posición do Goberno da Deputación e tamén do Consello da administración da entidade clara, no sentido de garantir a continuidade do club en Lugo e tamén de desvincular a entidade da participación no accionariado das SAD. Queremos evitar a deslocalización do club, impedir a concentración accionarial e, particularmente, que o Breogán volva a ser propiedade dos afeccionados, isto é, dos homes e das mulleres que acompañan a equipa a cada partido. Queremos tamén un Breogán saneado economicamente, proceso iniciado pola directiva encabezado por Antón Bao e que nos vimos de rematar, como condición previa para a saída do accionariado do Breogán. Queremos volver a deixar patente, reiterar, o noso compromiso co CB Breogán, compromiso que se manifestará de diverso xeito, pero moi concretamente na súa condición de perceptor das liñas de axuda que a Area de deporte ten establecidos para os Clubs Deportivos. Queremos en definitiva ser coherentes coa posición mantida por nos a respecto na participación das administracións públicas nas Sociedades Anónimas Deportivas pero tamén situar con clareza as prioridades dunha acción de goberno merecente do calificativo de esquerdas nun momento de penuria económica como o actual”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
