A base laranxa pechou unha excelente fin de semana nas citas copeiras. O Burela FS Pescados Rubén Cadete proclamouse campión da Copa Autonómica e o xuvenil conseguiu o billete para o último chanzo do reto galego.
O conxunto cadete, tutelado na Coruña por Mario Pillado, accedeu á gran final despois de vencer en semifinais ao anfitrión, Colegio Liceo (1-5). O título lucirá na vitrina mariñá, tras 2-6 ante o ED Vigo 2015 FS. Os xuvenís pola súa banda xogarán a final a vindeira fin de semana fronte ao Parrulo FS; o empate de onte ante a ED Vigo 2015 FS (3-3), xunto á vitoria na semifinal de ida por 2-1, outórgalles o privilexio de loitar pola Copa.
No Torneo Cidade de Betanzos, a participación ED EON Burela FS Alevín saldouse cun triunfo ante o 5Coruña FS (7-0) e dúas derrotas, con Troula FS (0-5) e O Parrulo FS (0-4).