Os premios do VII Concurso de relatos curtos e debuxo convocado anualmente pola Asociación Cultural “Os Matos” cuxo lema foi “Doce meses, moitas paisaxes” foron entregados este xoves 20 de xuño na biblioteca do IES Perdouro. O presidente dos Matos, Antón Niñe; a coordinadora do EDL, Miruca Parga; e o director, Santiago Pérez, entregaron o diploma e uns agasallos aos premiados. As obras gañadoras, que se poden ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso, foron “Ril e a súa balea”, de Mirella Ramos (1º ESO) como primeiro premio da categoría de primeiro ciclo da ESO en relato curto; “Un Nadal en Burela” de Leticia De Pedro (1ºESO) como segundo premio da categoría; “Un día na invernal Rusia” de Víctor Cabarcos (3º ESO PDC) como primeiro premio da categoría de relato curto do segundo ciclo da ESO e “Nacín unha noite de marzo” de Alejandro Ramil (3º ESO PDC) como segundo premio do certame na categoría. Clara Iglesias (1º ESO) acadou o primeiro premio de debuxo por “Setembro” e Itziar García (1º ESO), o segundo, por “Collage Mar e Faro de Burela”.






















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



