Mondoñedo, 27 de xuño de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo alerta de que o entorno da Catedral e da Fontevella segue a presentar os mesmos trastornos cando só faltan tres días para ter pasado o mes que o Concello lle deu como prazo á empresa adxudicataria para que reparara as deficiencias apreciables nesta localización e acabara de executar as melloras que estaban previstas.
A voceira do Partido Popular, Elena Candia, tacha de “inaceptable” o aspecto que presenta unha zona que vén de ser reformada e na que se investiron máis de 1,1 millóns de euros. Candia explica que o mal estado é observable polos veciños e polos visitantes dado a existencia de arquetas que rompen de xeito continuado, con mal estado do firme e inclusive pésimo mantemento das canalizacións e cables soltos sobre as pedras rotas.
Ante esta situación, os populares vénse obrigados de novo a pedir responsabilidades políticas ante unha situación que a voceira popular cualifica de “inadmisible” e que vai en detrimento de Mondoñedo dado a negativa imaxe que proxecta para os turistas. Un feito que segundo a popular é “todavía máis criticable ao ter en conta que nos atopamos en época de chegada do turistas e a situación segue igual”.
Os populares en reiteradas ocasións criticaron a falta de mobilización do goberno local para buscarlle unha solución a unhas obras que empeoraron e deixaron a zona nunha situación máis criticable que a que presentaba previamente ao acometido destas obras, ocasionando “trastornos irreparables para os veciños e a cidade; como é a redución de prazas de aparcamento, sen ofrecer alternativas ao respecto e asfixiando aos veciños, ao comercio e ao turismo local”.
Dende o Partido Popular local xa advertían que o prazo dun mes imposto a empresa para executar o traballo, así como os 38.000 euros de fianza cos que se quedaría a administración, non serían suficientes para darlle solución aos trastornos irreparables ocasionados polo obra do entorno da catedral, ao tempo que explicaban que este requirimento chegaba moi tarde cando a obra fora executada no 2011, cun prazo de execución de 10 meses.
Unha obra negativa para Mondoñedo
A voceira popular, Elena Candia, lembra que o seu grupo presentou unha comisión de investigación da xestión e execución desta infraestrutura que o bipartito local rexeitou levar a cabo. Esta iniciativa dos populares era froito dunha obra que presenta diferenzas respecto ao proxecto e da que dubidan do proceso de adxudicación, tendo en conta que o PP non ten constancia da execución das melloras –sendo este o criterio practicamente determinante de que a empresa resultara elixida para a realización desta actuación-.
Esta infraestrutura non só presenta importantes deficiencias no seu resultado –pedras rotas, falta de mantemento canalizacións- senón que tamén provocou importantes trastornos e dificultades para os veciños e turistas dado a inhabilitación dun espazo público como é a praza do seminario –adecuado para localizar actos públicos-, a redución de zonas de estacionamento e a dificultadede de circular polo entorno da Fontevella e do Seminario polos enormes bancos de pedras colocados nestas localizacións.
Ante o feito de que a situación segue igual, o PP de novo pide responsabilidades políticas ante o resultado que presenta a obra e pide actuacións inmediatas dende o PSOE e o BNG no goberno para que o turismo de Mondoñedo non se vexa seriamente danado por esta obra.