Dende o PSdG-PSOE de Burela levamos tempo denunciando a falla de proxectos reais e o aproveitamento que se fai dende os membros do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela en beneficio propio e dos seus achegados. En todas as nosas denuncias, sempre avaladas por documentación, vimos criticando sistematicamente as prácticas escuras, caciquís e sectarias deste equipo de “desgoberno”, e seguimos a ver que este tipo de prácticas seguen a producirse. Dende o PSdG-PSOE de Burela pensamos que os veciños e veciñas de Burela non se merecen que se faga uso dos seus cartos con este tipo de prácticas e imos a denunciar estas situacións en todos os ámbitos nos que poidamos e dabamos facelo.
En base ó anteriormente exposto, e con documentación que avala o que facemos público, dende o Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Burela vimos de presentar un escrito no día de hoxe no rexistro do Concello de Burela con número de rexistro nº: 2869, no que solicitamos ó Sr Alcalde de Burela que lle abra un expediente disciplinario á Concelleira e segunda Tenente de Alcalde do noso Concello, Sra. Diana Durán, e se anule o procedemento de contratación destas facturas, polo uso do seu posto para beneficiar directamente a un familiar en contra do que está regulamentado por lei.
Os feitos que provocan esta denuncia son a utilización do posto que a Sra. Diana Durán, Concelleira no noso Concello polo Partido Popular e segunda Tenente de Alcalde, beneficia claramente a unha familiar directa coa compra de material do Concello na súa librería por un valor superior ós 18.000 euros (3.000.000 millóns das antigas pesetas) no ano 2012, avalando e autorizando coa súa propia firma a compra deste material sabendo que non pode facelo o artigo 28.2.b) da lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. A nosa grande pregunta é: ¿Qué tipo de explicación se lles vai a dar ó resto de librerías por estes feitos? ¿En base a que criterio se elixe este negocio e non outro? ¿Porque non se reparte o gastos do Concello nas distintas librerías do noso pobo? Para nós está claro. Dende o PSdG-PSOE de Burela non temos nada en contra da dona desta librería á que se beneficiou, e en ningún caso a facemos responsable desta situación.
Este tipo de prácticas non teñen cabida na vida pública, onde cada vez máis, os cidadáns están a esixir transparencia e bo facer ós cargos públicos, aínda que xa sabemos que este equipo de “desgoberno” non entende destas cousas. Dende o PSdG-PSOE esiximos ó Sr Alcalde que tome cartas no asunto e proceda á apertura de expediente disciplinario e se proceda á substitución da Sra. Durán ante os gravísimos feitos que estamos a denunciar.