Santiago de Compostela, 26 de xuño. A Federación de entidades de persoas con discapacidade intelectual (FADEMGA FEAPS GALICIA) ven de celebrar a II Convención de presidentes, que reuniu en Santiago aos responsables de 25 entidades galegas que traballan en prol da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias na nosa comunidade.
Durante esta reunión, os presidentes abordaron as diferentes problemáticas que están a afectar ao noso colectivo, como a falta de información facilitada pola Consellería de Traballo e Benestar en relación aos “Contratos de Xestión e Servizos Públicos, para Reserva e Ocupación de Prazas en Centros para Persoas con Discapacidade Intelectual” ou a incertidume dos centros con respecto á anunciada Carteira de Servizos, documento que segue sen estar aprobado e publicado de forma definitiva.
Convivencia familiar
Durante a Convención, o presidente e FADEMGA Eladio Fernández, presentou a Convivencia Familiar que terá na localidade de Carballiño, e que un ano máis, estará organizada pola entidade de Special Olympics Galicia. A través desta iniciativa, a Federación pretende fomentar a visibilidade do colectivo, así como involucrar ás familias e ás persoas con discapacidade intelectual na vida asociativa, nun momento tan especial coma este, no que a Confederación FEAPS celebra o Ano da Participación.
Para apoiar e impulsar esta xornada, FADEMGA FEAPS GALICIA e cada unha das súas entidades federadas, solicitou ao presidente da Xunta D. Alberto Núñez Feijoo, a súa presenza para co obxectivo de dar respaldo a todo o colectivo da discapacidade intelectual na nosa comunidade.